arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

Empresa

Pioneiros en España en asesoramento financeiro.

Banca Privada

Profim, creada en 1996, nace como unha empresa pionera en España no asesoramento financeiro. Despois de máis de 20 anos de experiencia en investimentos e un equipo de asesores con ampla experiencia nos mercados, en 2016 ingresou no Grupo Arquia Banca e finalmente foi absorbida en outubro de 2018 para converterse na unidade de xestión e banca privada da entidade. 

Experiencia

Cunha longa traxectoria como líderes no asesoramento financeiro en España, reunindo os equipos máis expertos do mercado en análise e asesoramento.

Somos especialistas en fondos de investimento, o produto que ofrece as maiores vantaxes para un investidor: acceso a calquera produto de investimento, diversificación, xestión profesional a través das mellores xestoras do mundo, liquidez diaria e fiscalidade moi vantaxosa.

Personalización

Os nosos equipos de análise e asesoramento realizan un seguimento continuado das situacións do mercado e da carteira de fondos de investimento de cada cliente para adaptala á nosa visión de mercado.

Escoitamos o cliente para entender a súa situación e así poder darlle unha resposta axustada ás súas necesidades particulares.

Transparencia

Destacamos por un método de traballo que lle permitirá dispor dunha completa análise inicial, unha recomendación de carteira deseñada á súa medida, un contacto permanente co seu asesor para calquera aclaración ou variación na estratexia de investimento e un seguimento continuo tanto dos mercados como da súa carteira. Manterémolo/a informado/a en todo momento, mantendo a confidencialidade e discreción propia do carácter particular dos intereses xestionados.

Interésame, quero máis información.

Queres que nos poñamos en contacto contigo? Déixanos os teus datos e darémosche resposta o antes posible.

 

Introduce aquí os teus datos.