arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

Asesoramento

Asesoramos na estratexia de investimento máis axeitada para o seu patrimonio.

Buscamos o éxito

A nosa experiencia financeira permítenos realizar unha análise profunda das súas necesidades para xestionar a súa economía do xeito máis seguro e fiable posible. Os nosos profesionais buscarán en todo momento as mellores solucións para facer rendibles os seus investimentos.

Como traballamos

Asesoramos o cliente na estratexia de investimento máis axeitada para o seu patrimonio e é o propio cliente o que executa os investimentos a través da entidade financeira da súa elección, atendendo ao noso asesoramento segundo o seu perfil investidor.

Para facer efectivo o investimento recomendamos que o cliente teña unha conta de efectivo e de valores nunha entidade financeira ou plataforma que lle permita acceder a un amplo abano de produtos de investimento.

Asesoramento

Cuestionario sobre perfil investidor: Un asesor consegue información sobre os seus obxectivos, o seu perfil de risco e a situación do patrimonio que se vai investir.
Deseño de carteira:
O noso equipo de análise deseña unha carteira que o asesor comunica ao seu cliente para que este poida facela efectiva a través da plataforma de investimento elixida.
Asesoramento continuado:
Terá á súa disposición en todo momento un asesor para calquera aclaración ou variación na estratexia de investimento debida a cambios nos mercados ou na situación do patrimonio.
Seguimento e actualización:
Recibirá periodicamente un informe mensual de mercados e o informe de seguimento da súa carteira.

O noso valor engadido

Comprometémonos a obter unha rendibilidade razoable para o seu patrimonio, axustada ao seu perfil de risco e mantendo o enfoque principal en fondos de investimento.

Garantimos manter o noso cliente afastado de produtos de investimento e financeiros que non son apropiados ao seu perfil, pondo á súa disposición información clara e de seguimento continuado sobre a situación da súa carteira en termos de rendibilidade e risco. Con Profim terá a seguridade de sentirse acompañado por un equipo de expertos profesionais que velarán polo seu patrimonio.

Interésame, quero máis información.

Queres que nos poñamos en contacto contigo? Déixanos os teus datos e darémosche resposta o antes posible.

Introduce aquí os teus datos.